30 de nov. de 2007

FIRMAN O CONVENIO: DESCONVOCADA ESTA FOLGA

Hoxe recibimos un correo da patronal de telemárketing ACCE, convocando para o día 5 unha reunión para proceder á sinatura do Convenio.

Comfia-CCOO e Fes-UGT teñen anunciado que asinaran o acordo desoindo aos traballadores e traballadoras do sector e incluso aos seu propios compañeiros e compañeiras das Seccións Sindicais e .de das Federacións de Telecomunicacións que anunciaron que se opoñen ao Convenio.

Non podemos manter a FOLGA do día 7 de decembro, a lei prohibe realizar folgas por Convenios xa asinados. Neste senso non podemos manter esa convocatoria de FOLGA.

Agora ben, non hai folga ese día pero estamos hoxe traballando para abordar novas medidas de presión ao longo do mes de decembro contra a precariedade laboral, polo mantemento do emprego e contra a deslocalización.

Que non pensen as empresas que quedaremos sentados ante a situación que vivimos os traballadores e traballadoras de telemárketing. A CIG nin se prega nin se rende.

HABERÁ FOLGA OUTRO DÍA EN DECEMBRO.

Ningún comentario: