3 de set. de 2007

Prestación Paternidade

Que é a prestación por paternidade?
A prestación por paternidade é un subsidio que se lle recoñece aos traballadores que soliciten a suspensión do contrato laboral durante un período de 13 días (*), con motivo do nacemento dun fillo/a, adopción ou acollemento tanto preadoptivo, como permanente ou simple.

(*) A duración da suspensión é de 13 días ininterrompidos, ampliables en 2 días máis por cada fillo a partires do segundo, nos casos de parto, adopción ou acollemento múltiples. (Máis información na Web da Seguridade Social)

Cal é a contía da prestación?
A contía da prestación e do 100% da base reguladora correspondente á prestación da incapacidade temporal por continxencias comúns, que se aboará durante os 13 días da suspensión. Do seu importe deduciranse as correspondentes cotizacións sociais e as retencións de IRPF.

Quen teñen dereito a percibir a prestación por paternidade?
No caso de parto, o disfrute do descanso por paternidade corresponde en exclusiva ao outro proxenitor.
No caso de adopción ou acollemento corresponderá só a un dos proxenitores, a elección dos interesados no caso de que ambos traballen.

Que requisitos son necesarios?
Para percibir a prestación do permiso de paternidade hai que cumprir os seguintes requisitos:
  • Estar afiliados ou afiliadas e en alta ou nunha situación asimilada ó alta.
  • Ter cuberto un período de cotización de 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores á data de inicio da suspensión, ou ter cotizados alternativamente 360 días ao longo da súa vida laboral, con anterioridade á data sinalada.

Que documentación e impresos hai que entregar para solicitar a prestación?
Cubrir e entregar o formulario Solicitude de paternidade

A documentación a aportar, en xeral para todos os casos:
  • DI ou Tarxeta de Residencia.
  • NIF.
  • Documentación relativa á cotización.
Para obter máis información sobre a documentación consultar: Documentos que deben acompañar á solicitude

Cal é o prazo para coñecer a resolución da solicitude?
O prazo máximo para resolver e notificar o prodecemento incoado será de 30 días, que se contarán dende a data na que a solicitude tivo entrada no rexistro da Dirección Provincial do INSS correspondente.

Para máis información visitade a páxina Prestación da Paternidade