1 de ago. de 2007

Deslocalización de Bosch cara a Arxentina?


Un dos maiores problemas do sector de telemárketing é a deslocalización das empresas cara países de América Latina á procura de man de obra mais barata e con menores dereitos laborais.

Mais de 1300 persoas perderon o seu posto de traballo en Galiza no último ano despois de que as empresas de telemárketing abrisen novos centros de traballo en Arxentina, Chile, Perú ou Colombia, trasladando a carga de traballo para estes novos centros.

Non queremos crear unha alarma innecesaria, pero pensamos que todos os traballadores e traballadoras de Bosch en Vigo temos dereito a coñecer cal é a situación a día de hoxe.

A Dirección de Bosch-Vigo informounos da apertura dun contac-center de Bosch en Arxentina que inicialmente traballará para os mesmos proxectos e clientes que actualmente se atenden en Bosch-Vigo.

Insistimos, non queremos crear unha alarma innecesaria, pero debemos estar alerta ante as posibles repercusión laborais que cara o futuro podan devir desta decisión empresarial.