A empresa comunicounos hoxe que, como non podía ser doutro xeito, as traballadoras do departamento de emisión terán dereito ás tres opcións plantexadas pola CIG, nos termos que viñemos expoñendo publicamente.
A finalización do contrato de Comunitel-Emisión está prevista para o día 23 de maio, data en que as compañeiras poderán elixir:
1) Comunicación de finalización de contrato.
2) Subrogación en Unisono.
3) Recolocación noutros departamentos de Bosch.
Sempre tivemos presente que deberiamos garantir a subrogación en Unísono para as persoas que o desexasen, por entender que non podíamos sentar un precedente negativo para posteriores casos.
Pensamos que deste xeito queda solucionada unha das situacións conflitivas en Bosch-Vigo. Seguimos traballando na mesma liña para solucionar o resto da problemática laboral que todos e todas coñecedes.
1 comentario:
Gracias por informarnos y por estar a nuestro lado en todo momento.
Sabemos que en algun momento pudo parecer que dudabamos por culpa de la información erronea que nos transmitio CCOO. No fué así pero perdon.
Publicar un comentario