25 de abr. de 2007

NON HAI DESPIDOS

Hoxe temos que ser emisarios de boas noticias: finalmente a empresa ten optado por recolocar a todo o persoal noutros servizos, polo que non haberá ningún despido.

Esta medida é unha boa noticia para estes compañeiros e compañeiras, pero tamén para o resto do cadro de persoal de Bosch, xa que pon fin a situación de incerteza e preocupación que vivimos dende a semana pasada, especialmente no Departamento de “CAC”.

Temos que recoñecer que optando por esta recolocación, en lugar de por medidas traumáticas, a nosa empresas dá mostras da súa boa vontade, feito que dende a CIG valoramos moi positivamente.

Agardamos que se publiquen canto antes os horarios de todo o mes para que as persoas podan conciliar e organizar a súa vida laboral e persoal, pero tamén porque pensamos que pode ser unha medida tranquilizadora.

En todo caso permaneceremos alerta ante esta baixada da carga de traballo, que agardamos sexa puntual. Neste senso darémosvos cumprida conta de calquera novidade ou información que teñamos por parte da nosa empresa.

5 comentarios:

Skuallo dixo...

Me parece una GRAN NOTICIA.

Anónimo dixo...

CCOO critica a la empresa por recolocar a la gente, que querian, despidos?

Anónimo dixo...

Sepan uds. que en CAC_REC sigue habiendo gente sin horarios para la próxima semana, por lo tanto no acaba la cosa en esos 19 "recolocados" ya que muchos aceptaron las condiciones de televenta, y en CAC_REC siguen igual.

Cig Bosch dixo...

Para facilitar mási datos exactamente dos 17 axentes que iban a ser despedidos a todos ofreceuselles un traballo en televenda.
Agora mesmo estamos na situación de que hai 2 axentes de CAC_REC que non teñen horario para o proximo mes pero que o igual que os seus compañeiros lle ofrecerán a reubicación en televenda

Anónimo dixo...

Lo unico que se pide es que se nos diga la verdad no solo es que haya gente sin horario en CAC_REC sino que estan en peligro los puestos de trabajo de todo el mundo , los rumores de que todo se va a UNISONO son muy fuertes seria bueno que se nos informase de lo que va a pasar......................