A semana pasada ante a preocupación pola redución de xornada á maior parte do persoal de “Help Desk” e “CAC”, e pola falta dos horarios para un grupo de persoas de “CAC”, puxémonos en contacto coa empresa.
En todo momento a Dirección alegou unha baixada do volume de chamadas, indicándonos que estaban traballando para tratar de adaptar horarios nuns casos, para recolocar xente noutras Campañas noutros, pero anunciaron que pensaban despedir a un número de persoas que concretarían hoxe martes día 24.
Finalmente a empresa tomou a decisión de despedir a 17 persoas, recolocou a 12 noutros departamentos e reduciu xornada ou horarios a unha gran parte do persoal de ETT.
Así mesmo, a empresa comunicounos que as persoas con horarios asignados teñen garantido o traballo para todo o mes de maio.
Non é o noso obxectivo crear unha alarma innecesaria pero entendemos que estamos nun momento difícil, polo que os traballadores e traballadoras debemos estar máis alerta que nunca.
Recomendacións legais para as persoas despedidas
-As demandas xudiciais contra os despedimentos deben ser presentadas individualmente polas persoas afectadas, tendo un prazo legal para facelo de 20 días dende a data do despido. Recomendamos que unha vez recibida a carta de despido os afectados/as se poñan en contacto co sindicato que prefiran ou cun avogado/a laboralista para que valore a posibilidade e conveniencia de presentar un recurso.
-No momento de recibir a carta de despido recomendamos asinar especificando “recibín, non conforme”.
En todo caso máis alá das actuación legais, entendemos que hai medidas de carácter sindical que debemos tomar todos e todas conxuntamente. Non podemos esquecer que gran parte do emprego en Bosch depende dun só cliente e da carga de traballo que envía en cada momento: Tele2-Comunitel.
Seguiremos informándovos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario