Ante todo dende a nosa Sección Sindical queremos primeiramente, agrecedervos a colaboración e interese demostrado. Grazas a vosas presenza e colaboración recollemos moitas propostas sobre as que imos a comenzar a traballar.
Para os que non puidestes asistir os comentamos algúns dos temas dos que falamos na reunión.
- O descenso de chamadas que hai nos departamentos de recepción xa que a empresa nos confirmou que se procederá a unha reducción de persoal no departamento de CAC_REC. Dende aquí volvemos a transmitir a nosa axuda e colaboración a todos e todas os afectados e as afectadas e dercirvos que estamos a traballar para resolver este conflito que se nos presenta.
- Información acerca da negociación do IV Convenio de Telemarketing, unha negociación que se prevé longa e con movilizacións dado as poucas ganas de negociar por parte da patronal. Con respeto a este punto tedes toda a información na sección de enlaces.
Agradeceremos tamén calquera comentario que queirades facer na web.
2 comentarios:
Sábese algo acerca de si pode afectar a outros departamentos ou se a tendencia é a baixa?
saúdos
Polo que nos confirmou a empresa os despidos vanse producir só no departamento de CAC_REC. Noutros departamentos faránse reducción de xornadas.
De todos xeitos a empresa nos confirma que non se pode garantir que o vindeiro non baixe aínda máis o nivel de chamadas ou que suba de repente.
De calquera novidade que sepamos manterémosvos informados.
Publicar un comentario