10 de dec. de 2019

Presentado Conflito Colectivo contra Bosch

A finais do mes de novembro, a empresa comunicaba no servizo de Repsol a súa decisión unilateral de NON prestar servizo os días 24 e 31 de decembro.

Se esta medida, “a priori” poderíase considerar favorable para o persoal, atopámonos con que que o persoal ou perde o salario dese día ou ben ten que recuperar as horas, debido a unha decisión do cliente.

Puxémonos en contacto coa empresa solicitando que se retirase esta medida, ou ben que se realizase nos termos recollidos na lexislación. A empresa rexeitou todas as nosas peticións, alegando que non se aplica unha modificación substancial senón unha distribución irregular da xornada recollida no Convenio dos Centros de Chamadas.

Dende a CIG entendemos que a empresa non está actuando conforme ao establecido na lexislación vixente e,  polo tanto, presentamos a correspondente demanda nos Xulgados de Vigo. 

Continuarémosvos informando de todo o que suceda ao respecto.



Ningún comentario: