Recentemente recibimos o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza sobre a demanda presentada polo Comité de Empresa de Bosch ao respecto do ERTE que aplicou a empresa o pasado ano nos servizos de Vodafone.
O TSXG desestima a demanda interposta por este Comité, en base a que a empresa pola aplicar un ERTE por causas organizativas, independentemente da situación real e económica da empresa e aínda poñendo en dúbida a veracidade da documentación facilitada pola empresa; cousa que denunciamos dende o primeiro momento.
A decisión do Tribunal faise en base ao establecido na reforma laboral do 2012, que permite que as persoas traballadoras sexamos as únicas que asumamos as consecuencias dos fallos organizativos da empresa; incluso sen que esta se vexa prexudicada economicamente.
Tanto a reforma laboral do 2012, como o propio Convenio Colectivo dos Centros de Chamadas permiten as empresas poder realizar despedimentos sen causas obxectivas demostradas, alegando unha posible baixada de volume.
Por isto, dende a CIG seguiremos defendendo a derogación completa da reforma laboral, a supresión do artigo 17 no Convenio e continuar loitando polos nosos dereitos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario