17 de dec. de 2019

Constituida a Mesa de Negociación do Convenio


O pasado día 28 de novembro, tivo lugar a primeira xuntanza para a negociación do convenio do noso sector, quedando constituída a mesa de negociación do seguinte xeito:

CCOO: 5 representantes
UGT: 4 representantes
CGT: 3 representantes
CIG: 1 representante
ELA: 1 representante
LAB: 1 representante


Ao tratarse dun Convenio Estatal o número de representantes da mesa establécese en función da representatividade a nivel estatal. Dende a CIG, seguimos pulando por un marco galego de negociación, no que seriamos decisivos na toma de decisións, xa que somos o sindicato maioritario no sector en Galiza, e se traduciría en máis beneficios para o persoal dos centros de chamadas no noso país.

A data da vindeira reunión será o 27 de xaneiro, onde todos os integrantes da mesa presentarán as súas propostas para a negociación do Convenio.

Dende a CIG, como xa viñemos facendo, queremos dar voz as reivindicacións de todas as persoas traballadoras do sector no noso país e que sexades partícipes na confección da plataforma de convenio que a CIG defenderá na mesa de negociación, a través dunha compañeira teleoperadora nun Centro de Chamadas en Galiza.

Por iso, o vindeiro mércores 18 de decembro estaremos nas portas dos centros de traballo, para recoller as cuestións que máis vos preocupan e que consideredes de maior relevancia de cara a negociación que comezamos.

Tamén podedes descargar a enquisa neste enlace e remitírnola ao correo electrónico: cigbosch@gmail.com



Ningún comentario: