24 de xan. de 2018

2015-2017: Os nosos salarios continúan perdendo poder adquisitivo

Dende o xaneiro do 2015 a Decembro do 2017 o IPC (Índice de Prezos ao Consumo) subiu un 2.7%, mentres os nosos salarios subiron só o 1.6%. 

Os nosos salarios perden poder adquisitivo anos tras ano, dende o 2009 a perda equivale ao importe dunha paga. Por Convenio os salarios ou non soben, ou fano de xeito insuficiente, polo que é unha suba puntual e pírrica. O Convenio centralista segue custándonos cartos.

Novo sistema cálculo IPC = maior perda salarial

Pero ademais no ano 2017 o Goberno Rajoy puxo en marcha un novo sistema de cálculo do IPC, que contribúe a devalar os salarios, segue sen recoller a suba real dos prezos.

Nos niveis de renda no que se moven os nosos salarios, o gasto en vivenda (aluguer) e subministracións (electricidade, gas, etc) e  supoñen o 32.3% da nosa renda. Pero para o cálculo do IPC entenden que o gasto medio é do 13.3% da renda dispoñible. Entre vivenda, subministracións e alimentación gastamos o 60% do salario. É dicir as persoas cos salarios máis baixos gastamos unha maior parte da nosa renda simplemente en vivir, no que máis sube, e o IPC non o ten en conta. Iso explica que digan que o IPC subiu un 1.1% mentres os prezos dos alugueres subiron un 18.4%, a electricidade un 10,7%, ou o barril de petróleo un 30%.

Por iso sempre advertimos que o IPC non era un indicador válido,  propuxemos subas lineais e non aceptamos a mísera suba pactada. 




Ningún comentario: