17 de abr. de 2017

REFERENDO sobre o preacordo o 2 de maio

Hai quen decidiu asinar o preacordo en nome dos traballadores e das traballadoras, pero sen contar con eles e elas.

Estamos ante un caso de despotismo sindical, emulan aquilo de “todo para o pobo, pero sen o pobo” propio das monarquías absolutistas do XVIII. Pero non somos servos das cúpulas dos sindicatos estatais, somos cidadáns e cidadás libres do século XXI.

Non hai imposibilidades técnicas para convocalo, como demostraremos o 2 de maio. Non queren someter a referendo o preacordo, para evitar ter que dar marcha atrás, se esa fose a decisión dos traballadores e traballadoras, o que poría en evidencia o déficit democrático do seu comportamento.

Non gozarán de impunidade, merecen unha lección de DEMOCRACIA, por iso decidimos convocar un referendo en todas as empresas de Galiza para o vindeiro 2 de maio.

Aquí todo o mundo terá dereito a opinar sobre un preacordo que legalmente, queiramos ou non, regulará as condicións laborais, xa que será un Convenio de eficacia xeral.

O 2 de maio mentres as cúpulas de CCOO e UGT estarán de “ferias” en Madrid, nós traballaremos para recuperar a democracia sindical. Ese día saberán o que pensan os cadros de persoal, aínda que non queiran


Ningún comentario: