27 de feb. de 2017

23F, golpe de “Estado” contra os/as teleoperadores/as

Se dende o ano 2009 levamos perdido poder adquisitivo polo equivalente a unha paga (832 euros para un teleoperador/a especialista), a situación vivida na última mesa do Convenio anticipa novas perdas. Hai “representantes dos traballadores/as” que amosaron a súa disposición a firmar un Convenio sen que os salarios se actualicen na mesma porcentaxe que suban os prezos.

O pasado 20 de febreiro os traballadores e traballadoras dos Centros de Chamadas de Galiza demostramos novamente que queremos loitar por conseguir un Convenio Xusto, contrastando co entreguismo da maior parte do sindicalismo que defende o marco Estatal, un marco pútrido e fedento que permite a perda paulatina de dereitos e salario.

O 23 de febreiro a Audiencia Nacional condenaba a sindicalistas da cúpula da Federación de Servizos (no que está o noso sector) de CCOO e UGT polos cobros en negro a través das tarxetas black de Bankia. Os mesmos que negociaban Convenios e ERE’s, cobraban en negro dunha empresa (a cambio de que?).

E o 23 F, na mesa do noso Convenio, eses mesmos “sindicatos”, anunciaban unha nova proposta salarial aceptando un novo recorte dos nosos salarios.

Non pelexaron por un Convenio Digno, negan o noso dereito a negociar aquí, pero están dispostos a firmar un novo recorte salarial. Alguén debería explicar claramente que xustifica que perdamos salario. Certamente hai un modelo sindical que apetrena.


Ningún comentario: