15 de nov. de 2016

En tempos de crise, o primeiro foi manter os postos de traballo

Na CIG demostramos que somos firmes na defensa das condicións laborais, pero tamén responsables para que o emprego non se vise afectado.


A CIG rebaixou os niveis de conflitividade cando vimos que Bosch apostaba por Vigo e ambas partes abrimos vías  de  diálogo. Así, Bosch situouse coma a primeira empregadora en Vigo entre  os  colectivos  máis  afectados polo desemprego: a xente nova e as mulleres. Hoxe traballamos en Bosch 2.479 persoas, das que o 51% son indefinidas (fronte ao 40% que establece o convenio estatal).


Defendemos cada posto de traballo tamén fronte despedimentos individuais inxustos:

  • Mobilizámonos contra os despedimentos, coma no 2014 en Orange.
  • Tamén tiramos abaixo no xulgado a cláusula de “baixa voluntaria ligada a produtividade” que Bosch comezara a aplicar nas modificacións substanciais.
  • Conseguimos que Bárbara, a compañeira despedida estando embarazada, fora readmitida.
  • Conseguimos que 5 compañeiros de Vodafone HD foran readmitidos en 2015, despois dunha convocatoria de folga no departamento.
O novo Comité deberá saber combinar a firmeza na defensa das condicións laborais, coa responsabilidade cos postos de traballo. De aí a importancia dun Comité con maioría da CIG.


O 22 de novembro non o dubides:

pola defensa dos postos de traballo, vota CIG




Ningún comentario: