12 de set. de 2016

PAROS 22 E 29 DE SETEMBRO E FOLGA O 6 DE OUTUBRO


O 8 de setembro tivo lugar unha mediación no SIMA, a patronal fixo de novo unha ridícula proposta na liña das anteriores que estudaremos con “agarimo”. Os sindicatos que formamos parte da mesa negociadora, incluída a CIG, convocamos dúas xornadas de paros e unha xornada de folga.

Esta convocatoria ven a darnos a razón, en Galiza os traballadores e traballadoras e a CIG, xa iniciamos as mobilizacións no mes de decembro do 2015, agora por fin serán tamén no resto do Estado.

Sempre advertimos que a patronal quería perder tempo como xeito de presión para forzar unha negociación a baixa e de paso pretendendo conxelar os salarios, dando por perdida a suba do 2015 e 2016.

Os seu negocio e os seus beneficios medran, pero pretenden empeorar as condicións precarias nas que traballamos e vivimos. Non é de recibo, por iso a CIG, decidiu convocar os paros e folga xunto co resto de sindicatos, dando continuidade ao noso calendario de mobilizacións.

PAROS de 2 horas o 22 e o 29 de SETEMBRO

Quenda
Horario paros
NOITE
DAS 00:00 ÁS 02:00
MAÑA
DAS 10.30 ÁS 12.30
TARDE
DAS 16.30 ÁS 18.30

 6 de Outubro FOLGA 24 horas

Ningún comentario: