18 de xul. de 2016

A folga obriga a patronal a cambiar o paso, pero teima nos recortes e cae nas ameazas

Cada vez que imos á folga, a patronal responde dulcificando as súas propostas. Como non podía ser doutro xeito, despois da folga do 11 de xullo, a ACE chegou a mesa convocada para o 14 cunha nova proposta. Manteñen a súa intención de recortar…pero menos.

A dinámica da negociación dos convenios a nivel estatal está sendo a mesma en todos, só se fala dos recortes propostos pola patronal e nada dos avances propostos polos sindicatos.  Isto ten que ver co modelo de negociación estatal, as cúpulas sindicais séntanse nas mesas renunciando ás mobilizacións o que, na práctica, é entregarse a máis ou menos recortes. Unha dinámica que, no sector dos Centros de Chamadas, estamos rachando dende Galiza coas sucesivas folgas e paros.

A cada paro ou folga, a patronal responde rebaixando a intensidade dos recortes (pensan coa lóxica da negociación centralizada), pero non é iso o que queremos, demandamos un convenio que mellore salarios e limite un modelo de flexibilidade que só beneficia ás empresas. Iso implica manter o conflito e incrementalo nos vindeiros meses.

Proposta patronal 14 xullo:
·         Artigo 18, cambio de empresa que presta o servizo: aceptan a subrogación do 100% do persoal e piden un novo redactado.
·         Artigo 23: rebaixan de 9 a 8 os días que se poderían traballar seguido.
·         Libranza festivos: a libranza de festivos que coincidan co descanso semanal non poderá superar os 3 días.
·         Novas quendas: manteñen a ampliación da quenda de tarde (14:00 a 24:00) e a creación de novas quendas (9 a 18 e das 12 ás 21).
·         Complemento IT (baixa por enfermidade): que estarían dispostos a revisar as porcentaxes se hai un acordo “global” de convenio.
·         Suba Salarios: despois de 20 meses de chulería lles entraron as présas e din que, se non se asina rápido un acordo, empeorarán as súas propostas. Tal e como advertimos alongar a negociación pode levar a que dean por perdidas as subas do 2015-2016, de aí a necesidade de mobilizarnos xa.
·         Concreción de xornada por redución: están dispostos a que sexa diaria se “chegamos pronto a un acordo”.
·         Indefinidos: propoñen transformar en indefinido ao persoal contratado antes de xuño do 2010, se aceptamos un convenio ata o 2020 ¿?. Na maior parte das empresas esta medida xa foi adoptada grazas á presión sindical.

En resumo:
        Se queremos un Convenio Digno temos que seguir mobilizándonos.

Ningún comentario: