3 de xul. de 2016

Convocamos folga o 11 de xullo


As empresas pensan que nos pacificaron a todos e todas e que polo tanto estamos dispostos a aceptar un Convenio lixo, por iso volven a bloquear a negociación do Convenio. 

Temos que demostrarlle que están moi errados, que mantemos a nosa rebeldía fronte as condicións inxustas que nos impoñen no día a día e fronte a súa intención de recortar salarios e dereitos. Por iso o 11 de xullo pararemos de novo o sector. 

Deixamos de mobilizarnos para tratar de conseguir unha unidade de acción que non foi posible. Si a unidade só vale para que os que non queren andar, nos paren ao resto, non é positiva. A “pax imperial” prexudicou á negociación. A patronal envalentonada volveu ás andadas e a presentar propostas duras aloxándose cada vez mais calquera posibilidade de acordo.

Pensamos que as mobilizacións non poden agardar, debemos mobilizarnos xa, doutro xeito corremos o risco de dar por perdidas a subas salariais do ano 2015 e 2016, como está pasando noutros sectores.

Ningún comentario: