30 de xuño de 2016

A Xunta subvencionará a creación de escolas infantís nos polígonos, deixando fora a empresas coma a nosa.


O pasado 9 de xuño a Xunta de Galicia anunciou un Plan para subvencionar a creación de escolas infantís de 0 a 3 anos nos polígonos industriais, en colaboración coas asociacións empresariais.

Na práctica esta medida, que é claramente electoral, deixa fora a moitas das empresas do sector dos centros de chamadas que non se atopan en Polígonos Industriais. Malia a contar cuns cadros de persoal moi numerosos, nos que hai moitas persoas en idade de ser nais e pais.

Dende a CIG dos centros de chamadas consideramos que sería positiva a creación de gardarías/escolas infantís. Neste senso é unhas das propostas que temos presentado nas negociacións dos Convenios.

Comezamos a dar os pasos co obxectivo de reclamar da Xunta de Galicia que se modifique a orde, para que poda beneficiar a todas as empresas do sector dos centros de chamadas no que traballamos un gran número de mulleres e persoas mozas en idade de ser pais/nais.

Agardamos conseguilo, e que a nosa empresa demostre sensibilidade en materia de conciliación da vida laboral e familiar, comprometéndose á creación dunha gardería.

Ningún comentario: