12 de abr. de 2016

2F tocado, 5A afundido: O éxito da folga en Galiza revira a negociación do Convenio

O paro do 2 de febreiro tocou á patronal, pero a folga do 5 de abril bateu directamente na liña de flotación do modelo de negociación que pretendían as empresas: estar meses e meses sen negociar, buscando un desgaste sindical que logo xustifique recortes, mentres se mantén a “paz laboral” e continúan machucándonos sen piedade.

O “5A” milleiros de traballadores e traballadoras rebelámonos e erguemos a voz contra a ditadura das empresas. A participación na folga foi maioritaria, nalgunhas empresas e cidades incluso masiva. Conseguimos rachar o ritmo perverso da negociación.
Hoxe, a patronal sabe que o sector está disposto a mobilizarse, que estamos dispostos a defender os nosos dereitos, se queren conflito cos cadros de persoal o terán. Pero ademais, e despois do éxito das dúas convocatorias en Galiza nomeadamente o 5 de abril, outros sindicatos comezan falar da necesidade de mobilizarse, o cal non deixa de ser positivo. Pero é negativo que cada quen convoque mobilizacións pola súa banda, sen planificación e sen sentido.
Ademais, para a CIG as mobilizacións deben responder ao que sucede na mesa negociadora, como fixemos ata o de agora; con elas perseguimos que as empresas negocien. O vindeiro 20 de abril haberá unha nova reunión, ata entón falar de novas mobilizacións parece prematuro. Se a patronal move ficha, negociaremos; se non, será o momento de falar de novas mobilizacións.
Podes ver a galería de fotos e vídeo das mobilizacións na web da CIG:

Ningún comentario: