24 de feb. de 2016

As empresas deixan atrás as parvadas, pero as posicións seguen moi, pero que moi lonxe...

Semella que para a negociación do Convenio o inicio do calendario de paros convocados pola CIG viu ben. Na reunión do 24 de febreiro, despois de meses sen avances, a patronal fixo propostas, que non compartimos xa que son insuficientes, pero atrás quedan algunhas que podían ser consideradas unha falta de respecto para o persoal.

Proposta patronal:
  • Desisten de eliminar o computo da xornada semanal e quedaría como está a un máximo de 39 horas semanais. Nos queremos 35 horas, sen recortar salario.
  • Queren que o ascenso a teleoperador/a especialista sexa en 2 anos, no lugar de 3 que foi o despropósito inicial. Coas ETT´s na práctica sobre pasan ese límite.
  • Na xornada irregular propoñen que se poida traballar ata 9 días seguidos. Nos pedimos eliminala.
  • Desisten da quenda intensiva de 9 a 22 horas. Propoñen cambios nos horarios e aumentar as bandas (maña de 8 a 17, tarde de 14 a 24,  noite de 22 a 9 e partido de 9 a 22). Estamos totalmente en desacordo.
  • Suba Salarial: a proposta é pactar unha suba salarial cunha parte fixa e outra variable ligada á produtividade. A variable ligada a produtividade (que non beneficios da empresa) se calcularía por parte dunha Auditora pagada polas empresas. A CIG defende unha suba lineal e sobre todo que non dependa dos prezos de produtividade que pactan ás empresas cos seus clientes. 
A vindeira reunión da mesa será o 15 de marzo, nos vindeiros días valoraremos se mantemos o calendario de mobilizacións ou se lle damos marxe ata o día 15.

Ningún comentario: