28/04/2015

Os/as traballadores/as das contratas de Telefónica encaran a terceira semana en folga

Os traballadores e as traballadoras das contratas, subcontratas e o persoal autónomo, que fai a instalación e mantemento de redes e liñas de Telefónica, encaran a súa terceira semana en folga indefinida con novas mobilizacións e accións en demanda do cumprimento dos convenios colectivos, a limitación da subcontratación que favorece a precariedade e o recoñecemento do dereito á subrogación.

Ningún comentario: