19 de mar. de 2015

A patronal quere mais precariedade i explotación laboral, pero xa non saben como conseguilo


Flexibilizar é un eufemismo que utilizan os patróns, os euro burócratas de Bruxelas, ou a Troika, para referirse á precariedade. “Flexibilizar” significa “explotar con maior facilidade”. E maila non concretar as súas propostas, a patronal das empresas de Contact Center teima nesa liña.


Tempo de traballo:

A  patronal di que queren un convenio que sexa “máis flexible” de cara a satisfacer as peticións dos seus clientes, pero sen achegar polo momento  propostas concretas mais ala de eliminar as referencias a xornadas semanais. Tamén din que estarían dispostos a fixar un numero de festivos mínimos para desfrutar ao ano (menos de 8), a cambio dunha maior “flexibilidade” .   

No sector son hábiles os 365 días ao ano, as 24 horas ao día; as bandas horarias son amplas; hai xornadas irregulares fan contratos por horas ou días. ¿Qué mais flexibilidade quere a patronal?.

Contratación:


Dixeron que non teñen definida unha posición unificada como patronal, polo que na reunión só os sindicatos fixemos propostas nesta materia. 

O certo é que a situación do convenio é escandalosa, recolle que a contratación temporal por Obra e Servizo é “estable” e a partir de ai, crea figuras excepcionais para poder despedir (artigo 17, etc…). 

Antes o contrato estable era o indefinido, despois das reformas laborais do PPSOE nin iso. Nos centros de chamadas hai contratos de posta a disposición (ETT), por obra, eventuais, formativos, utilizan todas as variedades posibles de contratos temporais. Hai contratos temporais dun día de duración e hai quen leva ata 8 anos con contrato temporal. ¿Qué mais flexiblidade queren?

Na próxima reunión convocada para o 10 de abril a patronal contestará ás propostas de contratación e tempo de traballo presentadas polas plataformas sindicais.

Na nosa opinión a actuación da Patronal debería ser un motivo de reflexión, din abertamente que queren explotar mais ao persoal. Para nos é preciso rachar co vello modelo sindical de cúpulas e seguir cun proceso participativo e de resposta para cambiar a correlación de forzas do convenio. 

Ningún comentario: