21/02/2014

Bárbara Readmisión!!!!!!




A nosa compañeira Bárbara foi despedida por Bosch polo feito de estar de estar embarazada, estando de baixa por tratarse dun embarazo de risco.

No acto de conciliación previo no SMAC a Dirección de Bosch propuxo chegar a un acordo económico, pagarlle unha indemnización e manter o despedimento, cando o que procede é a readmisión.

Ante esta situación e ante a cerrazón da Dirección da multinacional alemana  Bosch, que despide a mulleres polo simple feito de ser nais, convocamos unha concentración o vindeiro 28 de febreiro ás 10:15 horas diante dos xulgados de Vigo. Toda vez que ese día celebrarase o xuizo no que se demanda a readmisióin da nosa compañeira.Unha concentración na que facemos un chamamento a participar.

O certo é que aínda que houbera readmisión o dano está feito, moito mais tendo en conta que falamos dun embarazo de risco.

Esta concentración foi convocada pola nosa Sección Sindical co apoio da Secretaría da Muller da CIG e conta cada día con maiores apoios, organizacións que integran a Plataforma Galega polo Aborto xa comunicaron que estarán presentes o 28 de febreiro.

Nos gustaría saber si Bosch tería este tipo de comportamentos antisociais nos seus centros de traballo en Alemaña e con traballadoras xermanas. Nos pensamos que non.

Bárbara readmisión!!

1 comentario:

Cig Bosch dixo...

O noso apoio para a compañeira y seccion sindical da cig en bosch ADIANTE COMPAÑEIRAS!!!!!