8 de feb. de 2012

A CIG anuncia a convocatoria dunha folga xeral nacional para a última semana do mes de marzo

O secretario xeral da CIG compareceu esta mediodía en rolda de prensa xunto ao responsábel de Comunicación e Propaganda para anunciar a convocatoria dunha xornada de folga xeral nacional para a última semana do mes de marzo. A decisión foi adoptada practicamente por aclamación -só houbo sete abstencións- durante a conferencia sindical que se celebrou en Santiago de Compostela este martes e na que participaron máis de 350 dirixentes da central nacionalista. A data definitiva será consensuada coas distintas organizacións sindicais que decidan sumarse á mobilización.


1 comentario:

Anónimo dixo...

Penso que sería impresindibel contar co aopio dos "sindicatos" CCOO e UGT pra que o paro sexa xeralizado e os traballadores non nos vexamos coartados pola indecision.