7 de xuño de 2011

8 de xuño xornada de loita polo Convenio.

Preparando o material para a xornada de loita
Hoxe estivemos preparando o material para a xornada de loita de maña 8 de xuño, día en que se cumpriran 524 días co salario conxelado por mor do bloqueo do Convenio Colectivo Estatal. Imos para 18 meses sen Convenio.

Bosch é unha das empresas responsables do bloqueo, xa que forma parte da patronal ACCE, o mesmo que Unísono.

Son elas as que queren un convenio con conxelación salarial e con despedimento libre tanto para o persoal indefinido como para o persoal temporal.
A súa avariza non ten límite, malia o incremento do volume de negocio e do seu beneficio en tempos de crise teiman en recortar salarios e dereitos. A CIG daralle resposta maña 8 de xuño coa convocatoria dunha xornada de loita sectorial en Vigo, continuación da desenvolvida o pasado 1 de xuño na Coruña

Ningún comentario: