A maior parte dos Convenios que deberían negociarse este ano, están bloqueados á espera das modificacións que nesta materia poidan impoñerse froito do diálogo social entre CCOO-UGT-CEOE para reformar a negociación colectiva.
Esta reforma modificará a estrutura e os contidos dos Convenios precarizando aínda máis o mundo laboral, polo que mentres non se resolva ese “diálogo social”, dificilmente se avanzará na negociación do noso Convenio. A nosa patronal, como todas, agarda para tirar novas vantaxes dese “diálogo”.
Así mesmo, o pasado mes de marzo, o Goberno Central aprobou o anteproxecto de lei de atención á clientela, que afectará de cheo a actividade do sector de telemárketing. Semella que a Patronal tamén quere agardar a coñecer o alcance da futura norma.
Outra cuestión é que, no caso concreto do Convenio de Contact Center, a negociación leva paralizada dende hai ano e medio, e a situación, que en ningún caso é responsabilidade dos traballadores/as, é inasumible.
Non hai reunións previstas para seguir negociando, polo que é preciso continuar coas mobilizacións, e a CIG ten convocadas dúas xornadas de loita sectoriais con mobilizacións nas maiores empresas de Galiza. Pero polo momento non convocaremos novos paros ou folgas polo Convenio, xa que non queremos facervos pagar aos traballadores/as as consecuencias do retraso nun “diálogo social” que por outra parte tamén será lesivo.
Xornada de loita día 1 de xuño de 2011 na cidade de A Coruña
Empresa | Horario | Enderezo |
Atento | 10:00 ás 10:30 horas | Rúa Juan Florez 80-82 |
Sykes/Atento | 11:30 ás 12:00 horas | Rúa Galileo Galilei, 4 Edf WorkCenter Polígono A Grela |
Eurocen | 13:00 ás 13:30 horas | r/ Enrique Mariñas s/n (Edificio Proa). |
Xornada de loita día 8 de xuño de 2011 na cidade de Vigo
Empresa | Horario | Enderezo |
Bosch | 10:00 ás 10:30 horas | Rúa María Berdiales, 20 |
Unísono | 11:00 ás 11:30 horas | Gran Vía 110 |
Bosch | 12:00 ás 12:30 horas | Avenida de Madrid, 183 |
1 comentario:
Decidelle os que estan paralizando as mesas dos convenios que son os de sempre que se deixen de lerias....agora despois de firmar o que lles poñen por diante van facer unha folga!!!! manda carallo
Publicar un comentario