O 17 de setembro a CIG-Mocidade realizou unha xornada de protesta en toda Galiza con mobilizacións en diversas Empresas de Traballo Temporal. No caso concreto de Vigo a ETT elexída é ADER, unha das que traballa con Bosch e da que todos e todas coñecedes o seu comportamento.
Na nosa empresa ata un 60% do persoal pode chegar a estar contratado por esta vía. Ese foi un dos cabalos de batalla dende a chegada da CIG ao Comité. Agora a reforma laboral do PSOE amplia a contratación vía ETT, como si non fose suficiente a temporalidade e precariedade que vivimos ata o de agora. Por iso delegadas da CIG en Bosch participaron na protesta.
A mobilización desenvolveuse de xeito pacífico e sen incidentes, ocupando os convocados os locais de ADER durante aproximadamente unha hora.
A sorpresa foi despois de que rematara a protesta sen incidentes, cando un amplo despregue da policía nacional (3 dotacións e 1 helicóptero) procederon a reter durante unha hora a un grupo das persoas que participaron na concentración e incluso a algún viandante que se achegou a saudalos.
As persoas foron identificadas anunciando unha sanción para o sindicato promotor, a CIG e outra para cada un dos participantes. Un feito sen precedentes ante unha protesta pacífica. Estamos ante unha actuación represiva cara a mocidade que pretende coartar o dereito a protestar pacificamente contra a explotación laboral e as leises que a amparan. Os gobernos que teñen medo dos traballadores e traballadoras son ditaduras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario