A CIG presentou esta mañá, na consellaría de Traballo e Benestar a convocatoria de folga xeral, que afectará a todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral en Galiza. A folga comezará ás 0:00 horas do día 29 de setembro e rematará ás 24:00 horas. Con esta convocatoria a central sindical pretende dar unha resposta contundente e frear as agresións das que está sendo obxecto a maioría social, a clase traballadora, e que van máis alá da reforma laboral, e abrir un debate social sobre cara que modelo de organización económica, social e política debemos camiñar.
“Estamos diante dunha convocatoria de folga xeral que transcende o que é estritamente a reforma laboral que está hoxe a debate”, explicaba o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, tras facer entrega no rexistro da consellaría de Traballo, da convocatoria de folga xeral.
Para a CIG, estamos ante un debate de modelo de organización social e económica e, “ou camiñamos cara formas de organización social máis xustas, solidarias e democráticas ou, se non conseguimos parar estas reformas, vaise reforzar aínda máis este modelo inxusto e antidemocrático, na medida en que se concentra máis poder económico e político en poucas mans e, finalmente, quen termina decidindo as políticas económicas e sociais son o FMI e outras institucións sobre as que non hai nin control popular, nin control institucional”.
Por iso, o secretario xeral da CIG alertou da gravidade que ten que se centre todo o debate sobre a crise económica e a saída da mesma arredor da reforma laboral “cando nada teñen que ver as supostas rixideces do mercado laboral e o custo de despedimento, nin mesmo a estrutura da negociación colectiva” nin coas causas nin coa súa solución.
De feito, denunciou que se está a utilizar a crise como “desculpa” para recortar dereitos laborais e “detraer recursos dos traballadores e mesmo do erario público, para a patronal”, afondando moito máis “neste modelo neoliberal para que aqueles que provocaron a crise manteñan as súas ganancias”.
A reforma laboral
Respecto da reforma laboral, que será ratificada o próximo día 9 de setembro no Congreso dos Deputados, logo de introducirse as modificacións aprobadas no Senado, o secretario xeral lembrou que neste trámite “se empeorou o Real Decreto de reforma laboral presentado inicialmente”, o que implica “confirmar as nosas peores expectativas”, dixo.
Así salientou, entre as medidas que contempla a reforma, o abaratamento do despedimento, a ampliación das causas de despedimento por causas obxectivas; a ampliación do contrato de formación até os 24 anos que “é facilitar man de obra barata aos empresarios”; a privatización da intermediación no mercado laboral, dando entrada ás axencias privadas de contratación con ánimo de lucro abríndoas a sectores que até o de agora lles estaban vetados, mesmo os de alto risco como o da construción, ou na administración pública...
As reformas pendentes
Para a CIG, con esta folga xeral, tamén se queren denunciar e frear reformas pendentes, “que xa están enriba da mesa” como a das pensións, coa que se pretende, entre outras cousas, ampliar a idade de xubilación, ou a da negociación colectiva. Reformas que tamén se tratan de introducir utilizando como pretexto a crise económica e que “tampouco teñen nada que ver con ela”, asegurou.
Coa reforma da negociación colectiva, o secretario xeral da CIG advertiu que se busca unha maior centralización, o que, na práctica “vai supor maior burocratizacion, illar ás/aos traballadoras/es do debate a medio e longo prazo e deixar o camiño aberto para precarizar aínda máis as súas condicións laborais e o mercado laboral no seu conxunto”.
Xornada de folga
Na convocatoria presentada pola CIG, que dará comezo ás 00:00 horas do 29 de setembro até as 24:00 horas dese mesmo día, estabelécense algunhas excepcións referidas ás empresas, administracións e organismos que teñan varias quendas de traballo. Nese caso o comezo da folga realizarase na primeira quenda, aínda que comece antes das 00:00 horas e finalizará unha vez rematada a última quenda, aínda que vaia máis alá das 24:00 horas.
Alén diso, e para garantir a cobertura informativa do paro, nas empresas xornalísticas e medios de comunicación, a folga convocada terá lugar no período comprendido entre as 07:00 horas do día 28 de setembro e as 24:00 horas do día 29 de setembro, correspondendo aos traballadores /as de cada centro de traballo a determinación do horario de folga do período de referencia.
Á CONSELLARÍA DE TRABALLO E BENESTAR DA XUNTA DE GALIZA
C/C: Consellaría de Facenda, Delegación do Goberno de España en Galiza, Federación Galega de Municipios e Provincias, Confederación de Empresarios de Galicia
Asunto: Convocatoria de folga xeral
XESÚS ELADIO SEIXO FERNÁNDEZ, en representación do sindicato CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA (CIG), do cal é secretario xeral, con domicilio para efectos de notificacións na rúa Miguel Ferro Caaveiro, 10; 15707 Santiago de Compostela; EXPÓN:
I. A Executiva Confederal da CIG decidiu convocar unha FOLGA XERAL que afectará a todas as actividades desempeñadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e polos empregados e empregadas do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galiza.
II. Mediante este escrito, e consoante ao disposto nos artigos 3 e 4 do Real Decreto-lei 17/1977, do 4 de marzo, a CIG procede a comunicar formalmente a decisión adoptada, coa advertencia de que a folga afecta a empresas, administracións e organismos que prestan actividades e servizos esenciais para a comunidade.
III. A folga convocada terá lugar o día 29 de setembro de 2010, comezando ás 00:00 horas e rematando ás 24:00 horas, coas salvidades que se indican a continuación:
– Nas empresas, administracións e organismos que teñan varias quendas de traballo, o comezo da folga xeral realizarase na primeira quenda, aínda que comece antes das 00:00 horas do día 29 de setembro de 2010, e finalizará unha vez rematada a última quenda, aínda que se prolongue máis alá das 24:00 horas do día de referencia.
– Para garantir a cobertura informativa do paro, nas empresas do sector do xornalismo e medios de comunicación, a folga convocada terá lugar no período comprendido entre as 07:00 horas do día 28 de setembro de 2010 e as 24:00 horas do día 29 de setembro de 2010, correspondendo aos traballadores e traballadoras de cada centro de traballo a determinación do horario de folga dentro do período de referencia.
IV. O obxectivo da folga xeral é mostrar o rexeitamento da clase traballadora galega á reforma laboral aprobada polo Goberno español mediante o Real Decreto-lei 10/2010, do 16 de xuño, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo, ben como ao seu desenvolvemento e modificacións na tramitación parlamentaria do correspondente proxecto de lei; tanto pola forma en que a reforma se xestou como polos seus contidos claramente regresivos.
a) Crise estrutural do diálogo social:
O proceso de “diálogo social” que se desenvolveu para abordar a reforma tiña un obxectivo marcado previamente: recortar os dereitos laborais. Os documentos públicos do Goberno (o primeiro, do 5 de febreiro) así o confirmaban. Cando o presidente Sr. Rodríguez Zapatero dixo que “faría os axustes custe o que custe” e que “na reforma laboral se tocarían aspectos esenciais” era claro que a grande beneficiada sería a patronal. Desde esa realidade o deseño do “diálogo social” que se realizou supuxo un factor de control social e desmobilización evidente. Nese “diálogo social” preténdese dar a falsa imaxe de que as responsabilidades son compartidas, cando en realidade a xestión das consecuencias da crise se decide de xeito acordado entre os gobernos, a patronal e os poderes financeiros.
b) Proceso sumarísimo contra os dereitos laborais:
O Goberno español decidiu, unha vez máis, impor unha reforma laboral vía Real Decreto-lei, un mecanismo reservado para situacións límite ou urxentes. Ese procedemento utilízase para evitar o debate, a participación e a confrontación social. Tras dar por pechada a mesa de “diálogo social”, o Goberno buscou o acordo coas posicións máis reaccionarias, empeorou sensibelmente o texto inicial e asegurou, aos que permitiron que o Real Decreto-lei se tramite como proxecto de lei, que nese trámite aínda poden recortarse máis dereitos. No Parlamento, e coa colaboración desas forzas políticas, abriuse un “mercado persa” de transaccións que ten por obxecto único lesionar gravemente os dereitos laborais. A decisión de pechar o debate en pleno período do verán (habilitando xullo e agosto para levar a efecto ese atropelo) é unha mostra máis de como se xoga cos dereitos da xente.
c) Lexislación básica estatal:
En Galiza aplícase a lexislación laboral decidida no Estado español, o que supón a aplicación dun modelo de reforma permanente, na que, como se mencionou, os recortes de dereitos conxúganse coa ameaza de recorte das nosas posibilidades de negociación colectiva. Este modelo é moi prexudicial para a clase traballadora.
d) Aspectos regresivos máis salientábeis:
– As medidas aprobadas supoñen facilitar e abaratar o despedimento para todos os traballadores e traballadoras que teñen un contrato indefinido. Ademais, apróbase a subvención pública para parte destes despedimentos.
– A reforma ataca a esencia da negociación colectiva, ao facilitar que as empresas queden exentas da aplicación dos convenios colectivos, en especial no que fai referencia ao salario. Tamén se avanza na posibilidade de que os empresarios, sen acordo coa representación sindical, realicen modificacións substanciais das condicións de traballo.
– A reforma abre novas portas ao negocio empresarial coa intermediación no emprego. Para iso, legalízanse as axencias privadas de colocación con ánimo de lucro, e elimínanse a práctica totalidade das restricións á actuación das empresas de traballo temporal (ETTs), co aumento do risco de sufrir un accidente laboral que iso leva.
– Ao longo do proceso de negociación da reforma laboral, realizado en segredo, saíu a relucir o compromiso da patronal, CCOO e UGT de acordaren unha nova estrutura da negociación colectiva. Non é a primeira vez que se realiza este intento de centralizar a negociación colectiva, para eliminar ou reducir á súa mínima expresión os convenios sectoriais territoriais. A CIG considera que sería moi grave que se negase ou limitase aos traballadores e traballadoras de Galiza o dereito a decidir que e onde negociar. Implicaría, ademais, afastar e dificultar a participación na negociación colectiva da gran maioría dos traballadores e traballadoras, pertencentes á pequena empresa, co retroceso nas súas condicións laborais que iso suporía co tempo.
– Do mesmo xeito que nas reformas anteriores, a temporalidade en fraude, consentida pola nula vontade das administracións laborais en perseguila, volveuse utilizar como escusa para atacar os elementos de protección da relación laboral.
– Son varias as falsidades utilizadas para xustificar a reforma. A primeira é que se creará emprego. Non é verdade; a reforma non suporá nin un emprego novo. Ao contrario, servirá para destruír máis postos de traballo en época de crise. A segunda mentira é que despedir é difícil e caro. En realidade, o despedimento é libre, e non debe ser moi caro vendo a facilidade coa que se destruíron moitos máis empregos que en ningún outro sitio de Europa. Estas e outras falsidades foron estendidas polos denominados “expertos”, un colectivo moi ben identificado ao que lle é imposíbel agochar a súa ligazón estreita co mundo empresarial e financeiro.
– O obxectivo real dos recortes é mellorar a conta de resultados das empresas, dando moito máis poder ao empresario. É inaceptábel que se fale de “mudanza do demodelo produtivo” cando a aposta da reforma se concreta en aumentar a precariedade.
V. En canto ás xestións realizadas para resolver as diferenzas, debemos indicar, con carácter xeral, que a CIG, na súa condición de sindicato máis representativo a nivel da Comunidade Autónoma de Galiza, participa nos órganos de participación institucional da Administración Xeral do Estado, achegando a súa lexítima visión nacionalista e de clase sobre o modelo de relacións laborais e protección social. Igualmente, todos os anos elabora e formula propostas no marco das consultas para a elaboración dos Planos Estatais de Acción para o Emprego que desde 1997 ten a obriga de presentar o Goberno español á Comisión Europea, con escasa receptividade por parte do Goberno.
De forma específica, sobre as causas que motivan a folga, debemos manifestar que o Goberno español excluíu a CIG –ben como os outros sindicatos máis representativos a nivel de comunidade autónoma– de calquera eventual proceso de negociación ou de consultas previo á aprobación do Real Decreto-lei 10/2010, do 16 de xuño. Non obstante, e aínda sendo conscientes da nula vontade de diálogo por parte do Goberno, o pasado día 21 de xullo de 2010 os sindicatos CIG e ELA mantiveron unha xuntanza no Congreso dos Deputados con deputados do BNG, Nafarroa Bai, CiU, PNV e PSOE (non asistiron CC, PP e UpyD), na cal lles fixeron entrega dunha declaración conxunta na cal manifestaban a súa preocupación polo contido antisocial da reforma e solicitaban o rexeitamento dos respectivos grupos parlamentarios ás medidas contidas no Real Decreto-lei 10/2010, do 16 de xuño, con ocasión da tramitación da reforma laboral en sede parlamentaria.
VI. O Comité de Folga estará formado polas seguintes persoas:
• Xesús E. Seixo Fernández
• M. Anxo Garcia Torres
• Manuel Currás Meira
• Margarida Corral Sánchez
• Elvira Patiño Ogea
• Antonio López Rivera
• Ramiro Oubiña Parracho
• Antolín Alcántara Álvarez
• Xosé Francisco Miranda Vigo
• Francisco X. Cartelle Pérez
• Laura Bugallo Sánchez
• Anxo Pérez Carballo
Este Comité de Folga delega expresamente nas estruturas sindicais e nos representantes dos traballadores e traballadoras que en cada caso se designen para os efectos de negociar servizos mínimos e outras cuestións operativas relacionadas co desenvolvemento da folga.
Para os efectos de constancia e comunicación preceptiva, asina a presente en representación da organización sindical convocante, en Santiago de Compostela, a seis de setembro de dous mil e dez.
O secretario xeral da CIG,
Xesús E. Seixo Fernández

Ningún comentario:
Publicar un comentario