Si a semana pasada informábamos dunha nova sentenza xudicial gañada, relativa ao dereito a librar días completos como compensación das horas extras por exceso de xornada, hoxe chegounos outra gañada.
A empresa comunicou o cambio da quenda de maña para a de tarde a unha compañeira.
Aos poucos días a traballadora solicitou unha redución de xornada por coidado de familiar e seguir na quenda da maña. Bosch denegouna, como é habitual ante calquera petición. A compañeira, afiliada da CIG, presentou a correspondente demanda para defender o seu dereito a conciliar a vida laboral e familiar.
Agora o Xulgado do Social nº1 ditou sentenza, en base a que:
“Dentro da redución de xornada prevista polo artigo 37.5 e 6 do Estatuto dos Traballadores/as, entra o cambio de quenda ou a adscrición fixa a unha quenda, sen que a dificultade ou inconveniencia para a empresa sexan equiparables a imposibilidade.”
Polo que a sentenza, que é firme e sen recurso, declara o dereito da traballadora á concreción horaria para o coidado directo do seu familiar.
Bosch estase gañando unha fama merecida, todo o día litigando nos xulgados por cuestións que en calquera empresa normal resólvense co dialogo e a negociación.
Tristemente se isto segue así continuaremos informando de novas sentenzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario