Como todos e todas sabedes os horarios que Bosch impón unilateralmente levan a un exceso de xornada como aconteceu no 2008 e repetiuse no 2009.
Bosch ten como criterio impoñer despois a libranza compensatoria, sen contemplar a posibilidade de dar días completos ou retribuír as horas extras realizadas.
O pasado 3 de xuño o xulgado do social nº1 de Vigo ditou sentenza que textualmente di:
“As horas extras foron realizadas por iniciativa da empresa e si deben compensarse, como debe facerse, elo debe ser liberando da xornada laboral que corresponde realizar á traballadores e non impoñéndoselle unha nova obriga coma é acudir a traballar todos os días como convén á empresa pero só unhas horas como lle conveña á empresa, co que o exceso de xornada non se traduce na libranza de día algún.”
Ante isto a sentenza estimou a demanda presentada pola nosa delegada Paola de HD e obrigou a Bosch a que abone a cantidade correspondente como horas extras ou lle conceda días completos.
Esta nova sentenza, engádese as gañadas no 2010: unha do Tribunal Superior que considerou improcedente o despido do persoal de ETT alegando baixada do volume de traballo sen demostralo; e outra na que consideraron que un despedimento foi improcedente ao considerar que malia estar dentro da mesma obra de Orange, recepción e emisión son servizos distintos.
Agardamos que en cumprimento da actual sentenza, Bosch non impoña a compensacións das horas extras e que por outra parte se negocie un acordo de horarios que evite o permanente exceso de xornada.
Por lei as horas extras son voluntarias, impoñendo uns horarios irregulares Bosch está conseguindo que sexan obrigatorias, algo que tampouco estamos dispostos a admitir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario