30 de mar. de 2010

Solicitámoslle á empresa que actualice os salarios en base a sentencia do TS

A estratexia das empresas cuestionando a existencia do IPC previsto polo goberno, correspondente ao ano 2009, está chegando ao seu fin, despois de que o Tribunal Supremo ditase sentenza ratificando a sentenza anterior da Audiencia Nacional contra Sogecable.

No caso concreto do noso Convenio de Contact Center, tiveramos unha sentenza favorable da Audiencia Nacional que se baseaba precisamente na anterior xurisprudencia de Sogecable.

É por iso que unha vez coñecida a sentenza do Tribunal Supremo, temos solicitado formalmente á empresa que se revisen as táboas salariais do 2009.

A suba pactada para o 2009 era do 2,25%, pero as empresas de telemárketing que, insistimos, negaban o IPC previsto, deron un anticipo a conta do 1,25% pendentes da sentenza do TS.

Agora que xa hai sentenza solicitamos que abonen sen máis demora os atrasos do 1% dende xaneiro do ano 2009 ata hoxe e procedan a actualizar as táboas salariais.

É unha miseria, pero é noso.

Ningún comentario: