teñamos sentenza definitiva sobre a suba salarial que nos adebedan correspondente aos anos 2009 e 2010. E aínda que houbera sentenza definitiva dubidamos da súa intención de negociar, están demasiado cómodos co marco actual.
Na reunión prevista para falar de tempo de traballo, cada un dos sindicatos presentamos as propostas recollidas nas distintas plataformas. A patronal contestou na súa liña: quere recortar dereitos en materia de IT e que prefería que en cada unha das reunións presentásemos as nosas propostas para entrar con posterioridade na negociación real.
Cando a ACCE decidiu non pagar a suba salarial defendemos a necesidade de avanzar na unidade de acción sindical e promover mobilizacións xerais no sector para non dar unha imaxe de debilidade sindical ante o abuso patronal.
Noutros sectores onde o persoal gaña máis que no noso e teñen mellores condicións económicas, todos os sindicatos se uniron e mobilizaron, conseguindo acordos de abono da suba prevista á espera da sentenza.
O vindeiro día 14 de abril está prevista unha nova reunión, onde cada quen defenderá a súa Plataforma no referido a Clasificación Profesional. A patronal calará e fixaremos unha nova data para falar dun novo punto.
A negociación do Convenio Colectivo nace bloqueada pola actitude prepotente da patronal, antes que cedo verémonos obrigados a tomar medidas conxuntas e comezar por defender a suba salarial dos anos 2009 e 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario