22 de feb. de 2010

A loita continúa

O pasado 17 de febreiro, as delegadas de Sykes e Bosch, fomos recibidos polo Director Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo en Santiago para expoñerlle a preocupante situación que estamos a vivir o persoal de ambas empresa.

A Consellería de Traballo comunicounos que ten previsto convocar a Vodafone a unha reunión no prazo máximo de duas semáns para coñecer os plans da empresa e tentar que o traballo permaneza en Galiza e no pior dos casos que as posibles medidas traumáticas sexan espaciadas no tempo. Nos insistimos que é agora cando Vodafone está decidindo que carga de traballo irá para fora e canta quedará aquí, cando debemos incidir para garantir os postos de traballo.

A Consellería comunicounos que está disposta a chegar a unha medida alternantiva como xa fixera na empresa Eurocen na Coruña con Movistar. Esta medida consiste en facer que Vodafone deslocalice de xeito progresivo para que as empresas afectadas poidan procurar novos cliente (coa axuda da Xunta de Galicia) e formar o persoal afectado para a atención de novos proxectos a través de cursos pagados con compromiso de contratación. Nos insistimos que o principal é salvar os postos de traballo das campañas de Vodafone.

Comentaron que a Dirección Xeral de Relacións Laborais mantivo unha reunión con Sykes, para explicarlle esta posiblidade pero que Bosch non pediu ningún tipo de reunión En todo caso indicousenos que nos manterán informados de todas as accións que se vaia na levar acabo.

Por outro lado, a Inspección de Traballo propuxo unha reunión con Bosch, que aceptamos e que está pendente de data, queremos sentarnos a negociar os motivos quen os levaron a mobilizarnos o pasado 15 de febreiro.

Todos os frentes estan abertos, algo que xa lle avisamos tanto a Delegación de Traballo como a Inspección, estamos dispostos a convocar xa unha nova xornada de folga para seguir reivindicando os dereitos de todos os traballadores e traballadoras de Bosch. Hai unha plataforma que debe ser negociada punto por punto.

Seguirémosvos informado.

1 comentario:

Anónimo dixo...

http://diariodeleon.es/noticias/noticia.asp?pkid=510223

Sykes ofrece recolocaciones en Ponferrada a sus empleados gallegos


La multinacional norteamericana Sykes, que emplea en su call center de Ponferrada a casi 500 personas, atraviesa momentos complicados en sus centros de Galicia.

La pérdida de un contrato con Telefónica para la recepción de las llamadas que se realizan al 1004 obligará a la compañía a realizar importantes ajustes de empleo tanto en el centro que tiene en La Coruña como en el que está en Lugo.

En este contexto de crisis, fuentes de la compañía han señalado la posibilidad de que en el caso de los trabajadores lucenses se les ofrezcan recolocaciones o traslados voluntarios al call center de la capital berciana, que se encuentra en la avenida de Los Escritores, donde por ahora no han llegado noticias de recortes.