Ao longo das últimas semanas viñemos mantendo asembleas co fin de dar resposta a situación laboral na empresa. O pasado venres Bosch anunciounos despedimentos e novos recortes que nos confirman o que viñamos plantexando.
O ano pasado Vodafone solicitou 6 autorizacións á AEPD (Axencia Estatal de Protección de Datos) dependente do Ministerio de Xustiza, para transferir os datos dos clientes e polo tanto poder deslocalizar os servizos a Colombia, Chile e Perú.
Tele-2 ten data de remate o 31 de marzo, a partir da cal desaparecerá o produto tele-2 e só quedará Vodafone. Esa data parece como o posible fin da campaña debido a deslocalización polo que a CIG convocou mobilizacións, paros e folga en Sykes na Coruña e Bosch en Vigo.
Xa temos tamén confirmada unha reunión da CIG coa Consellería de Traballo para que a administración galega interveña para garantir os postos de traballo e falamos co deputado Francisco Jorquera do BNG para que o Ministro de Xustiza compareza no parlamento español e dea explicacións.
1º Deslocalización de Vodafone, campaña para a que traballan 500 persoas en Bosch Vigo. Comunicando a empresa reducións de xornada e 52 despedimentos.
2º Salarios conxelados dende o 2008. somos a única empresa do sector onde non se subiu nin sequera o 1,25% do salario.
3º Asignación das correctas categorías profesionais, na nosa empresa non se recoñece a profesionalidade e tarefas que se realizan nos diferentes departamentos.
4º Acabar coa temporalidade, temos unha vaga promesa da empresa de facer 4 pasos masivos a plantilla este ano e xa no primeiro danlle mais valor ó desempeño que a antigüidade.
5º Que o 60% dos horarios sexa en quenda continua: din que polas curvas de chamadas non é posible cousa que non se aplica na realidade, ademais dinlle os axentes que fagan quendas de 14:00 a 22:00 (fóra de Convenio) e se non a aceptan póñenlle unha quenda partida.
6º Cumprir co que se indica no Convenio e dar o período de descanso semanal de xeito ininterrompido.
7º O exceso de horas do ano pasado debe ser considerado como horas extras e negocialo con cada traballador non decidir a empresa de xeito unánime como disfrutalo.
PARA QUE NON NOS MANDEN AO PARO:
PARA O 15 DE FEBREIRO!!!!
1 comentario:
E se non se amaña... caña caña!
Publicar un comentario