Finalmente hoxe ás 11:00 da maña houbo unha concentración de delegados e delegadas convocados polo Comité de Empresa, co apoio de todas as centrais sindicais con presencia en Bosch. Lembrar que o Comité de Empresa está composto por 12 delegadas/os da CIG, 4 de CCOO e 1 da UGT.
A mobilización tivo lugar no centro de traballo na rúa María Berdiales e foi convocada para protestar polos 60 despedimentos nas plataformas de Vigo.
Uns despedimentos que non son illados, xa que son habituais na política laboral da multinacional en Galiza.
Agardamos poder colgar hoxe unha reportaxe gráfica con fotos e vídeo desta concentración conxunta.
Despedidas readmisión!!
Si esto non se amaña, iremos a Alemania!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario