O pasado venres RRHH "informou" verbalmente de que habería despedimentos en varios departamentos, alegando unha suposta baixada de volume de traballo, que segundo eles non teñen que demostrar dado que se trata de persoal de ETT.
Anunciaron que os despedimentos serían comunicados o luns ao persoal malia que os serian efectivos o venres.
Onte pola tarde tiñamos constancia de 18 despedimentos no departamento CAC_REC, onde obrigaron a perto de 40 persoas a coller as vacacións forzosamente neste mes, medida que tamén tomaron noutros departamentos. En “Fidelización” onte constatamos 3 despedimentos.
Como noutras ocasións lembrade que debedes asinar cun "non conforme" para salvagardar o voso dereito a reclamar con posterioridade, xa que non sempre liquidan correctamente. E posteriormente poñervos en contacto co sindicato para que revisen as liquidacións.
Demandamos da empresa que informe correctamente e que remita unha comunicación da relación das persoas despedidas así como que demostren a baixada de volume de traballo conforme ao Convenio.
Estes despedimentos únense aos realizados no último mes, podendo superar segundo os nosos datos as 60 persoas despedidas, tanto de ETT como de empresa.
Xa estamos en contacto con este persoal co fin de artellar unha resposta colectiva ante uns despedimentos inxustificados e polo tanto inxustos. Así mesmo e mais ala das demandas individuais que podan interpoñer as persoas afectadas, xa estamos estudando coa nosa Asesoría Xurídica as medidas colectivas a tomar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario