12 de feb. de 2009

Un Convenio baleiro de contidos e que non dá seguridade xurídica aos traballadores e traballadoras

O pasado día 9 de febreiro tivo lugar unha reunión nacional de delegados e delegadas da CIG nas empresas de telemárketing de toda Galiza para analizar as medidas a tomar ante a situación de inseguridade xurídica creada polo Convenio de Contact Center.

- Salarios: En primeiro lugar e no relativo a falta de actualización de táboas salariais, que deberían ter subido un 2% en xaneiro, aprobamos presentarnos en Conflito Colectivo na Audiencia Nacional.

- Emprego: O Estado español lidera hoxe a destrución de emprego a nivel europeo, debido especialmente a alta taxa de temporalidade. Os despedimentos do persoal fixo teñen unhas garantías maiores que o cese dos contratos temporais.

En Telemárketing a temporalidade supera o 70%, polo que o Convenio provoca unha gran indefensión do persoal nunha situación de crise coma a actual. Os despedimentos están á orde do día, utilizando a crise como escusa.

O Convenio establece un insuficiente 30% do persoal con contrato indefinido e as empresas están utilizando subterfuxios legais para evitar a súa aplicación.

Neste senso, aprobamos facer un seguimento máis escrupuloso que nunca sobre os procesos de transformación en indefinidos que as empresas deben poñer en marcha obrigatoriamente ao longo do primeiro trimestre. Anunciamos tamén que presentaremos conflitos colectivos alá onde o Convenio non se aplique correctamente.

- Reclamacións categoría: A través da CIG estamos canalizando un maior número de reclamación de categorías, nomeadamente da categoría de xestor/a.

Este Convenio, tal como o anterior, creou unha Comisión de clasificación profesional que polo de agora só contribuíu ao mantemento dos liberados de CCOO e UGT.

Nunha situación de crise coma a actual é precisa a paz social, pero esta debe partir dende o respecto ás condicións laborais, da apertura de procesos de negociación a nivel de empresa para suplir os baleiros do I Convenio Estatal de Contact Center. Á espera de que a CIG acade o 51% da representación a nivel galego, preciso para que podamos poñer en marcha o I Convenio Galego dos Centros de Chamadas.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Xa estamos co de sempre:
-Representacion na empresa si, toda.
-E-mails si, os que queiras e máis.
-Moi boas verbas e boa cara.
-Mais de un ano de supostas negociacions despois da pseudo folga.

PARA NADA.

Falo por moita/os do/as meus/miñas compañeira/os e os meus direitos son os mesmos, se cadra peores que dende que estoy nesta empresa.


Progres de chapa somos todos e eu vexo moita chapa nesta sindicato pero nada mais.

Anónimo dixo...

a mi me despidieron de la empresa en veranp y si no llega a ser por este sindicato de "chapa progre" como dices tu no me habrian pagado lo que me correspondia.
A ver quien recurres si no es a la CIG cuando tengas un problema en esta empresa...