28 de out. de 2008

Acordos de indemnización despidos e Coachings públicos

A publicación dos Coachings é un abuso

Por se fora pouco o que temos que aturar, a empresa publica os coachings en varios departamentos cos datos persoais dos traballadores e as traballadoras e o rendemento laboral de cada quen.
Pensamos que o rendemento laboral é unha cuestión confidencial entre a empresa e cada un de nós. Publicalos é unha falta de respecto.

Como a publicación pode vulnerar dereitos laborais e a LOPD, como primeiro paso temos realizado unha consulta á Axencia Estatal de Protección de Datos.

Conseguimos que o persoal despedido no verano cobre indemnizacións

O 9 de xullo Bosch anunciaba o despedimento de persoal de televenda das campañas de “Orange”, “Tele-2” e “Ya.com”.

Dende a CIG démoslle resposta coa convocatoria de mobilizacións ante a empresa o 17 de xullo e o 5 de agosto, colgando pancartas por todo Vigo, con denuncias na Inspección e preparando as demandas daqueles compañeiros/as que quixeron defender os seus dereitos.

Todo aquel traballo valeu a pena, agora os compañeiros e compañeiras inxustamente despedidos están cobrando as correspondentes indemnizacións. Estamos chegando a acordos nos que se recoñece a improcedencia e polo tanto o dereito ao cobro de indemnizacións.

En caso de despedimento solicitade a presenza dun delegado/a sindical; facede constar que non estades conformes asinando con data e hora; non asinedes ningún tipo de finiquito ou liquidación sen que sexa revisada previamente e, cando sexa necesario, presentade a correspondente demanda xudicial.

Defende os teus dereitos, afíliate a CIG

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Parécenos moi ben, pero hai máis reivindicacións.

Un gran porcentaxe d@s traballador@s de BOSCH-VIGO traballan para soporte técnico.

Non queremos o convenio de Telemarketing. Non estamos no telemarketing, traballamos coma técnic@s e non temos nada que ver con telemarketing e CAC.

¿Cando vos ides dar conta diso, aparte de pedir votos?

TELEOPERATOR dixo...

Coido que no teu departamento de "Tecnicos" tamen estan colgados o teus resultados nas paredes a si que e algo que tamen te afecta directamente segun vexo todos os dias no traballo.Non son moi listo pero ti que es tecnico de reactores....o de un departamento dentro dun servizo de atencion de telemarqueting....mmmm eso pensaba eu

Anónimo dixo...

Como ben dixo un formador nun dos recentes cursos de "Excelencia telefónica" Vodafone designanos aos técnicos como "teleoperatas".
Non temos nada de técnicos. Somos señoritas de plástico ao teléfono pero que en vez de reclamara facturas reclaman cuestions tecnicas.

Anónimo dixo...

Un medico do 112 ó telefono seguro que non é teleoperador.

As molestias que pode ocasionar ver os coaching na parece valen 100 euros mais ó mes, e sigue sumando.

Anónimo dixo...

Pues mira que bien informad@ estás tu sobre todo el tema de telemarketing que no te has enterado que los que atienden el 112 son teleoperadores y que llevan mucho tiempo peleando para que la xunta les ponga convenio propio!!!

Anónimo dixo...

unha pregunta ¿non se supon que @s de ett xa nos pagan cada mes a indemnizacion por se nos botan?

TELEOPERATOR dixo...

Xa sabemos todos que os do 112 son teleoperators o que che din na mensaxe e que seguro que non che esta atendendo un medico, hay poñer atencion cando se lee e se tanta gaña de guerra tes xa sabes...agardamos por ti cos brazos abertos.....