30 de set. de 2008

A CIG acada 12 dos 17 representantes nas eleccións sindicais

Hoxe celebráronse as eleccións sindicais en Bosch telemárketing en Vigo, elexíanse 17 representantes dos que a candidatura da CIG acadou a maioria absoluta con 12, CCOO baixou a 4 e UGT a 1.

Dende que o pasado mes de decembro se celebraran as eleccións parciais nas que a CIG tivo un apoio maioritario, tivemos que sufrir o despedimentos de delegadas e candidatas, nunha vaga represiva por parte da empresa.

Nin as manobras de última hora entre a empresa e CCOO, nin a presión da empresa poideron vencer a vontade democrática dos traballadores e as traballadoras de Bosch en Vigo.

Agardamos que este resultado faga reflexionar á Dirección de Madrid, que tomen boa nota e respecten o resultado saído das urnas.

En todo caso grazas a todos e todas os que despositachedes novamente a vosa confianza na CIG, seguiremos adiante, non vos defraudaremos.

1 comentario:

Anónimo dixo...

A ver se esta vez facemos algo maís que barullo na rúa e correos electronicos.
Que parece que temos que dalas gracias por traballar.
Maís miga e menos códea.

Artico 40 do convenio, onde está a comisión?

-Operador-