Como xa informamos anteriormente a empresa comunicou o pasado día 9 de xullo despedimentos masivos do persoal de tele-venda das campañas de “Orange”, “Tele 2” e “Ya.com”, debido a unha suposta e non demostrada baixada do volume de traballo.
A campaña mais afectada é a de “Orange”, campaña que tamén se atende en “Bosch-BUA” en Arxentína, centro onde xa traballan 150 teleoperadores/as.
Ata o de agora Bosch optaba por recolocar ao persoal noutras campañas ou por reducir xornada, agora despide. Houbo un sindicato que durante meses deulle voltas ás reducións fraudulentas de xornada, chegando a estar sobre a mesa unha proposta de despedir ao persoal en lugar de reducir xornada, xusto o que agora casualmente aplica Bosch.
Dende que a empresa “informou” o pasado día 9 de xullo de novos despedimentos comezamos a dar pasos:
· En primeiro lugar entramos en contacto cos posibles afectados alertando sobre como debían actuar en caso de despedimento. Moitas das persoas recibiron unha chamada telefónica indicandolle que abandonaran o posto de traballo.
· Ao longo dos últimos días estamos acompañando a persoal despedido ata as ETT para asesoralos. Nestes momentos as asesorías da CIG estudan varias demandas xudiciais.
· Denunciamos este proceso ante a Inspección de Traballo para que sexa paralizado, xa que non cumpre co establecido na lexislación vixente.
· Temos convocado unha primeira mobilización para dar resposta a estes despedimentos e en defensa dos postos de traballo e das condicións laborais.
Basta de abusos empresariais: nin un despedimentomais inxusto en Bosch.

Ningún comentario:
Publicar un comentario