24 de maio de 2007

BOSCH: “Premio á temporalidade”

Cada día é mais habitual que as empresas subcontraten parte do traballo, e que o emprego nestas subcontratas sexa temporal, rizando así o rizo da precariedade e da explotación.

Recentemente asistimos á loita do persoal das subcontratas do naval de Vigo contra a temporalidade, unha loita que é a nosa, conseguiron que o 60% do persoal das subcontratas deba ter contrato fixo. O dobre de persoal fixo que establece o Convenio Estatal de Telemárketing.

Bosch ten hoxe o dubidoso mérito de ser a empresa en Vigo con maior número de traballadores e traballadoras con contratos temporais, nomeadamente con contratos de posta a disposición a través de ETT’s (Empresas de Traballo Temporal).

É certo que dende a entrada da CIG no Comité de Empresa o número de contratos por Obra directos coa empresa aumentou nun 30%, pero entendemos que a alta taxa de temporalidade existente aínda, non ten ningún tipo de xustificación, é un abuso por parte da empresa.

Queremos falar con Bosch de contratación, é necesario chegar a un acordo que poña fin á utilización das ETT’s, pasando a contratos de empresa ás persoas que están sufrindo este tipo de contratos.


Abonda de Temporalidade e Precariedade en Bosch!!!

Ningún comentario: