Ao longo dos últimos anos en Bosch participamos activamente en diversas campañas reclamando o dereito á atención en galego como medida contra a deslocalización do traballo cara a América Latina por parte das operadoras, o 20% do emprego do sector se atende dende estes países.

En Bosch recollemos máis de 1500 sinaturas de apoio a ILP, que neste senso, presentou A Mesa pola Normalización, tumbada no Parlamento Galego polo PP con Feijóo á cabeza.
Ademais, maila ser festivo, a empresa quería que traballaramos sen pagarnos o correspondente plus. Quizais agardan a que cando a Xustiza falle a sentenza chegará tarde, polo retraso actual, e non será efectiva.
Ante esta situación seguimos dando a batalla e temos convocada unha xornada de folga de 24 horas para o xoves 17 de maio.
Participa na manifestación o día 17 de maio ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela. Na web www.queremosgalego.gal indicaranse os horarios e prezos dos buses que se porán ao dispor de todas as persoas que desexaren acudir a Compostela
Ningún comentario:
Publicar un comentario