11 de xan. de 2017

Paso atrás da patronal=paso adiante do persoal, haberá folga o 26 de xaneiro!!!

Na reunión do 11 de xaneiro a patronal retirou a súa proposta de suba salarial, ao entender que se augura un incremento do IPC e que polo tanto teñen que estudar unha rebaixa na súa proposta salarial para manter os custes baixos. Retiraron tamén a súa proposta de horas médicas, para que quede como está.
En contra do que afirmaban algúns sindicatos o peixe non está vendido. A reunión do 11 de xaneiro pechouse de novo sen posibilidade de acordo a curto prazo, toda vez que a patronal endureceu as súas posicións (sen dúbida ante a falta de novas mobilizacións unitarias).
No noso último comunicado deste mesmo mes, indicabamos que a suba do IPC do ano 2016 (1,5%) anticipaba un aumento da inflación, que facía preciso ter en conta a hora de pactar a suba salarial para evitar unha perda de poder adquisitivo.
A patronal coma sempre, entende do revés, e di que coma non tiñan previsto unha suba do IPC teñen que facer números e presentar unha nova proposta rebaixada (que remitirán o vindeiro venres). Ao tempo, a vindeira reunión queda para o 2 de febreiro. Outro mes perdido.
En novembro houbo unha folga convocada por todos os sindicatos. Dende esa data non continuamos coas mobilizacións e a negociación amorteceu. Na CIG entendemos que é necesario retomar as mobilizacións: o vindeiro 26 de xaneiro pararemos de novo o sector para demandar un Convenio Xusto e Digno

Ningún comentario: