17 de nov. de 2016

Que non te impidan volver votar


Tes dereito a votar, pero hai quen pensa que só para elixir quen te representará no Comité de empresa, que logo xa farán o que lles pete.
Na CIG pensamos que tes dereito a elixir tanto á túa representación sindical como a decidir sobre calquera decisión que te afecte: cando se asine o convenio, calquera acordo a nivel de empresa, despedimentos, ERE’s, modificacións das condicións de traballo, etc...
·        Abrimos un proceso participativo para elaborar a plataforma do Convenio.
·        Celebramos asembleas para tomar decisións contando sempre co persoal afectado.
·        Cremos na democracia sindical e na participación; é o noso compromiso.
Só un Comité de empresa con maioría da CIG garante o teu dereito a decidir no futuro.
O 22 de novembro



Ningún comentario: