24 de nov. de 2016

Por un Convenio XUSTO!!!

Folga e manifestación o 28 de novembro


Non hai dous sen tres, e por iso o vindeiro 28 de novembro os teleoperadores e teleoperadoras de Vigo, manifestarémonos por terceira vez coincidindo coa nova xornada de folga de 24 horas. Porémonos de novo á fronte por un convenio xusto e digno.

A patronal continua cunha actitude prepotente, acostumada a facer e desfacer, grazas a unha lexislación laboral inxusta que ampara a precariedade e os abusos.

As empresas e os seus accionistas non están dispostas a ceder algúns dos seus privilexios, para que se convertan nos nosos dereitos. Non están dispostas a que medren menos os seus beneficios, para subir máis os nosos salarios. Por iso é necesario este conflito.

Se queremos dereitos teremos que conquistalos, sempre o tivemos claro e por iso hai un ano a CIG puxo en marcha un proceso de mobilizacións que agora, por fin, ten ámbito estatal.


O 28 de novembro todos á FOLGA e á MANIFESTACIÓN que sairá ás 11:30 de Unísono (Gran Vía 110) para rematar en Bosch (María Berdiales 20)



Ningún comentario: