4 de maio de 2016

Se non hai avances na negociación, hai mobilizacións.

A CIG convoca paros o 6 de maio e xa traballamos nunha nova FOLGA para xuño


Tras a reunión do convenio do 3 de maio puidemos constatar que continuamos cun estancamento da negociación, o que nos obriga a continuar coa loita e convocar novas mobilizacións.


Propostas da ACE:

Garantía de Emprego: non ven viable eliminar o artigo 17, que permite despedimentos de persoal con contrato por Obra ou Servizo por diminución do volume da obra. Moito menos incluír a subrogación do 100% do persoal en caso de cambio de empresa que leva unha campaña.

Eliminación contratos ETT: tampouco entenden que se pida a limitación das ETT cando hai sindicatos na mesa (CCOO-UGT) que asinaron no convenio dese tipo de empresas, unha cláusula que impide limitalas. Reiteran que precisan un convenio máis flexible, semella que o actual aínda non é suficiente...

Tempo preaviso cambio quenda: propoñen aumentar o tempo de preaviso actual de 7 días para os cambios de quenda. Pero non moito xa que consideran que 15 días sería demasiado.

Xornada Irregular: nós pedimos a eliminación da distribución irregular da xornada, xa que dificulta a conciliación; resulta esgotador traballar 10 días seguidos e ademais a xornada irregular destrúe postos de traballo. A ACE di que “estudan” facer unha nova proposta de redactado.

As vindeiras reunións están convocadas para o 25 de maio e 15 de xuño. Semella que a patronal non ten presas e que despois de 16 meses, as empresas non teñen interese en negociar. Só cando hai paros ou folga lles entran as “gañas”. Por iso, se queren outra, darémoslle outra:


PAROS 6 DE MAIO

Quenda de noite de: 00:00 a 01:00

Quenda de mañá de: 11:30 a 12:30

Quenda de tarde de: 17:30 a 18:30

Ningún comentario: