21 de abr. de 2016

Eppur si muove (e porén móvese)

O 20 de abril tivo lugar a primeira reunión da mesa negociadora do Convenio despois do éxito da folga a nivel galego convocada pola CIG e das concentracións e manifestación. A patronal ameazou con rachar a negociación se hai novas folgas (ladran, logo cabalgamos). Con todo, e malia que continua en posicións duras e infumables, móvense.
Propostas ACE:
Carreira profesional: Renuncian a incrementar a 2 anos ao ascenso por experiencia a “teleoperador/a especialista”. Manteríase nun ano.
Complemento IT: Empeoran nas baixas de curta duración, incrementando nas de duración media.
  • Do 1 ao 3 día de baixa reducir ao 60% (está no 70%).
  • Do 4 ao 20 (actual 75%), graduar: do 4 ao 15 día o 75%, do 16 ao 20 o 85%.
  • Do 21 en adiante manter o 100%.
Argumentamos que penaliza as baixas de curta duración, que en moitos casos responden a pequenas enfermidades que incluso teñen orixe laboral (por exemplo afonías ou disfonías). O certo é que hai moitas persoas que van enfermas a traballar.
Suba Salarial:
  • Ano 2015 suba do “0”%.
  • Ano 2016 suba entre o 0.20% e o 0.30%.
  • Anos 2017 e 2018 subas ligadas á produtividade.
As propostas patronais en materia de salarios continúan sendo míseras, moi lonxe das nosas propostas e das subas medias noutros sectores.
A media dos convenios asinados en 2015 nas grandes e medianas empresas foi do 1.58%. No que vai de ano a suba media situouse no 1.6%. Certamente as posicións están moi lonxe nunha materia fundamental coma é a suba dos salarios.
Vindeira reunión 3 de maio.


Sección Sindical CIG en Bosch
mail: cigbosch@gmail.com -- http://cigbosch.blogspot.com  -- Facebook: “cigbosch” -- Twitter: @cigbosch

Ningún comentario: