3 de xuño de 2015

Abriremos un proceso participativo para valorar o inicio de mobilizacións


Na maior parte dos centros de chamadas en Galiza estamos asistindo a despedimentos, incerteza sobre campañas, a un incremento da presión, acoso laboral, a sancións sen motivo, etc. Mentres, no Convenio Colectivo a patronal, moi cómoda con esta situación, permanece enrocada e CCOO e UGT anuncian na mesa que están dispostos a un acordo a cambio dunha suba salarial do 1% (a recollida no AENC) e unhas migallas máis.
Nos vindeiros días estudaremos abrir un novo proceso participativo a todo o persoal para decidir si iniciamos mobilizacións en todo o sector dos centros de chamadas. Neste momento hai numerosas xornadas de folgas, paros, e mobilizacións en xeral en varias empresas, precisamos un cambio na norma que regula as relacións laborais para acabar coa prepotencia patronal. O que está pasando é un problema de todas e todos.
Mentres en Madrid, as cousas seguen igual, a patronal cómoda con todo o poder e crecida, procurando empeorar as condicións laborais e CCOO e UGT atados por pactos contra natura de carácter confederal.
A mesa de negociación é unha farsa, a patronal vai alí a rirse de nos pretendendo que aceptemos empeorar todo:
  • Suba salarial: CCOO e UGT pediron unha suba do 1% (de 2 a 8 euros ao mes) e “un pouco máis”, para “recobrar o poder adquisitivo perdido” (por fin recoñecen que os convenios que asinaron levaron a unha baixada dos salarios). A patronal di que si a cambio doutras cousas.
  • Artigo 17: A patronal teima en ampliar as causas de despedimento do persoal por Obra, para poder despedir mais barato e doado.
  • Clasificación Profesional: Ascendese a teleoperadora especialista nun ano, as empresas piden que sexa aos 3. A patronal liberou durante anos a persoas dalgúns sindicatos para “negociar unha nova clasificación” non hai fixeron nada. Agora sacan este tema na mesa, ¿para xustificar manter liberados/as que non dan pau a auga?.
  • Vacacións: Que se preavisen con 3 meses, pero que a empresa poda cambiar ata o 40% con posterioridade.
En fin, o persoal dos centros de chamadas terá a palabra: aceptamos esta situación ou nos mobilizamos todas e todos.

Ningún comentario: