5 de maio de 2015

Ponse en marcha unha campaña de solidariedade cos/as traballadores/as das contratas de Telefónica en folga

Os/as traballadores/as das contratas e subcontratas de Telefónica-Movistar en Galiza continúan adiante coa folga indefinida iniciada o pasado 14 de abril en demanda dunhas condicións laborais e salariais dignas. Para paliar na medida do posíbel as consecuencias económicas que supón para o persoal manter a folga de xeito indefinido vénse de pór en marcha a campaña de solidariedade ‘Fondo Contratas Movistar Galiza’, a través de bonos-axuda e a apertura dun número de conta no que ingresar as contías destinadas aos/ás folguistas.

Ningún comentario: