19 de maio de 2015

A patronal quere aplicarnos o pacto entre a CEOE, CCOO e UGT


A negociación do Convenio Colectivo dos Centros de Chamadas entrou nunha nova fase, despois de que CCOO e UGT estiveran dispostos a través do “AENC 2015”, a admitir subas salariais ridículas e a recortar dereitos.
Na reunión do 18 de maio, a patronal dixo que podería falar dunha pequena suba, que en calquera caso, tería en conta que “no ano 2014 os salarios medraron máis que o IPC”. Esquecen que o anterior convenio saldouse cunha perda acumulada no salario base: Unha persoa contratada a xornada completa como teleoperadora nivel 11 perde 232,98 €/ano; unha especialista nivel 10 perde 243,66 €; unha xestora 257,68 €; e unha coordinadora ou unha formadora perdería 267,03 €.
A CIG non está por traer ao Convenio as subas previstas no “AENC 2015”, nos centros de chamadas se traducirían nunha suba mensual máxima entre 2 e 9 euros.
O “AENC 2015” recolle tamén un compromiso entre CEOE, CCOO e UGT para implantar unha maior flexibilidade. A patronal dos centros de chamadas quere aplicar ese acordo no Convenio.
En materia de vacacións e permisos a flexibilidade se traduciría en:
  • Vacacións: Queren incluír que se podan preavisar con 3 meses. Tamén que se marque unha porcentaxe que as empresas poderían cambiar con posterioridade a súa aprobación por “circunstancias excepcionais”.
  • Eliminar as horas retribuídas para ir ao médico/a.
  • Eliminar todas as horas para o acompañamento dos fillos/as ao médico.
  • Aceptarían que 3 días de permiso por hospitalización podan ser descontinuos (dereito que xa recolle algunha sentenza).
  • Os días de mudanza só se poderían coller 1 vez ao ano.
A patronal quere tomarnos o pelo: as empresas gañaron máis mentres nós perdemos poder adquisitivo, despiden aquí e levan o traballo para fóra, e agora pretenden aplicarnos un Pacto para empeorar as condicións futuras. Seguiremos dicíndolle que NON alto e claro.
Vindeira reunión 1 de xuño.

Ningún comentario: